ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA:CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO
- Estrella y Pepita
- 19 abr 2020
- 1 Min. de lectura

Como sabedes, o día 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dende o equipo de Biblioteca queren agasallarvos coa lectura dun libro dixital titulado "La magia más poderosa", de Carlo Frabetti.
Para acceder ó libro gratuíto, só tedes que pinchar sobre a imaxe do libro e introducir o seguinte usuario e a contrasinal :
Usuario: 99999980-19239-0001
Contrasinal: 8sUkC5vH
Como resposta a este agasallo, dende a Biblioteca pídenvos que elaboredes un marcapáxinas no que expresedes a través dun debuxo, un texto, etc. a celebración deste día nun momento tan extraordinario como o que estamos vivindo coa situación de estado de alarma por mor do coronavirus.
Despois podedes subir unha foto do marcapáxinas que elaboredes á vosa carpeta de Drive, ou os que non poidades, ó noso correo electrónico e nós farémollela chegar ó equipo de Biblioteca.
Podedes consultar a información na web do centro pinchando AQUÍ.
Esperamos que desfrutedes moito da lectura do libro!
Comentarios