top of page

EU QUEDO NA CASA...LENDO!

  • Foto del escritor: Estrella y Pepita
    Estrella y Pepita
  • 23 abr 2020
  • 1 Min. de lectura


Como xa vos comentamos uns días atrás, hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Probablemente, nesta época de confinamento, os libros son bos aliados porque nos axudan a evadirnos da realidade na que nos atopamos, e graza a eles podemos viaxar sen movernos da casa.

Por iso, o día de hoxe a tarefa principal que vos imos pedir é que colaboredes coa Biblioteca do centro elaborando un marcapáxinas que reflicta a celebración deste día nun momento tan extraordinario que nos está tocando vivir. Hoxe é o último día para enviar as vosas creacións, e estamos desexando que as compartades con nós! Unha vez teñades o marcapáxinas, podedes envialo a este correo: carmen704@gmail.com ou subilo á vosa carpeta de Drive.

Deixamosvos aquí algunhas aportacións de compañeir@s. Fantásticas!



Ademáis, queremos propoñervos un reto de escritura creativa, porque estamos seguras de que nos ides sorprender. Deixámosvos aquí debaixo dúas imaxes. O que vos pedimos é que escollades unha delas, a olledes ben, e escribades un texto nun folio ou na libreta e o compartades con nós.




Informarvos ademais de que as profes de Relixión queren compartir con vós este material (podedes decargalo AQUÍ), ademáis de invitarvos a que pasedes polo blog de Relixión do centro (pincha AQUÍ para acceder).


Para os/as de Valores, a profe Paula proponvos esta interesante actividade titulada "Debajo de la sábana":



FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!










 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correos
  • Instagram

¡Gracias por tu mensaje!

bottom of page